sábado, 17 de junio de 2023

TEATRO

 Chegou o gran día!

Este mércores estreamos a obra de teatro "Martiño o carteiro porquiño", que adaptamos do conto que leva o mesmo título. 

Logo de coser os monicreques coa axuda de Trini, decorámolos na clase e quedaron así de bonitos:


                 

                 


Fixemos uns cantos ensaios e, por fin, aquí tendes o resultado.

Esperamos que disfrutedes dela.


miércoles, 29 de marzo de 2023

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Unha alimentación saudable consiste en inxerir unha variedade de alimentos que nos brinden os nutrintes que precisamos para manternos sáns, sentirnos ben e ter enerxía. Estes nutrintes inclúen as proteínas, os carbohidratos, as grasas, a auga, as vitaminas e os minerais.

Na escola facemos unha merenda e, debemos intentar que sexa o máis saudable posible. 
Aquí tendes varias opcións que podedes traer á aula.


 

martes, 21 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023

 Por fin!!! 

Este curso puidemos celebrar o Entroido saíndo pola Arousa no noso tradicional desfile, e pasámolo moi ben.

Aquí vos deixamos un vídeo co resumo do día. 










jueves, 19 de enero de 2023

AS GAÑADORAS DA FROITA

Na clase de 3ºA teñen un xogo da froita.Trátase de chegar aos 30 dias comendo froita e ao chegar a eles, conseguen un premio. Lucia e Lara gañaron o segundo premio do concurso e a mestra deulles 3 tarxetas para utilizalas na clase. As tarxetas de Lucia son para darlle unha pista no exame,para facer os grupos por un día e para ter un día sen deberes. As tarxetas de Lara serven para ser a axudante da profe,cambiar de sitio por un dia e unha pista no exame. 
AQUI ESTAN AS GAÑADORAS!
Quen sera a/ o seguinte?

lunes, 9 de enero de 2023

NADAL´22

Como xa é tradición, o alumnado do CEIP Torre Illa celebrou o comezo do Nadal no cole. 

Festa, lambonadas, gusanitos, Reis Magos, chocolate, rosca e fotos, moitas fotos.

Aquí tendes un resumo do noso día.


jueves, 8 de diciembre de 2022

VISITA ILLA

Onte fixemos unha saída pola Illa e a primeira parada foi a confraría, na que visitamos a aula de interpretación "O Canto do Mar".
Aí puidemos ver os diferentes tipos de ameixas que se recollen na Illa, utilizamos os calibres para ver os tamaños permitidos de captura, vimos uns vídeos das especies que se capturan na nosa ría, explicáronnos como se utilizaban diferentes aparellos para mariscar e pescar, coma o truel, o angazo, o sacho ou o trasmallo, e tamén vimos uns aparellos que se usaban antigamente, coma unha carcasa e unhas botas de mergullador.



A nosa seguinte parada foi a Biblioteca Municipal. Alí ensináronnos as instalacións e déronnos uns formularios que temos que cubrir para ter o carné, e así, poder ler todos os libros que teñen alí. Tamén podemos levalos para a casa durante 21 días, xenial! 


A última parada foi a Escola de Música. Alí un mestre e unha mestra explicáronnos os diferentes instrumentos que ensinan a tocar alí, coma o violín, o clarinete ou o piano, e puidemos ver algúns deles.



Encantounos esta visita, e ademais, aprendemos mooooitas cousas!